Información _
Encontro Internacional Cooperativo_

Baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”, celebrarase en Santiago de Compostela un encontro internacional os días 5 e 6 de xullo.

O encontro enmarcase nas actividades divulgativas e formativa do  proxecto europeo COOPERA+, cofinanciado polo Programa De Cooperación Territorial España - Portugal 2007 -2013), cuxo obxectivo é articular medidas que contribúan ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, co fin de xerar máis e mellores empregos, mediante  a realización de accións de asesoramento, formación e información  dos diferentes axentes galegos e portugueses vinculados á promoción do cooperativismo e da economía social.

Neste encontro, presentaranse experiencias de boas prácticas nos aspecto económicos e sociais, co obxecto de coñecer de primeira man distintas realidades e enfoques que destacan pola posta en práctica de valores cooperativos e que permitirán enriquecer a formación e as análises de cooperativistas, axentes cooperativos, técnicos e estudosos en xeral.

Durante as xornadas do xoves e venres, 5 e 6 de xullo, contárase con relatores procedentes de distintas partes do mundo, que achegarán a súa particular visión sobre os seguintes temas:

  • O cooperativismo ante a crise mundial.
  • Experiencias cooperativas no ámbito agrario.
  • Experiencias cooperativas no ámbito dos servizos sociais.
  • Experiencias cooperativas na organización do traballo asociado.
  • Novas fórmulas de cooperación.
  • As redes cooperativas internacionais.
  • Panorámica das políticas de fomento cooperativo no mundo.
  • Estratexias de desenvolvemento cooperativo en Galicia.

As persoas interesadas en participar, deberán inscribirse nesta web, no correo electrónico: info@cooperativas2012.coop, ou do teléfono: 981 569 040.

PROGRAMA
INSCRIPCIÓN

Fecha: 
Jueves, Julio 5, 2012 - 09:00 - Viernes, Julio 6, 2012 - 20:00
Tags: